O sábado tamén visitamos Salcedo para ir ao seu teatro. Podes ver tamén as fotos no noso álbum de FOTOS.
Alternativas para a consolidación do Entroido Ribeirao e mais o de Salcedo
O traballo para manter o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos vén de séculos atrás. Este traballo está representado nestes momentos polas Asociacións seguintes:
Asociación cultural As Fachas de Castelo (Taboada), Asociación xuvenil e cultural “Os Turulecas”, de A Cervela (O Incio), Asociación de Veciños de Salcedo (A Pobra de Brollón), Asociación Amigos do Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada), Asociación Os agucios (Vilelos-O Saviñao), Asociación cultural Souto do Val, da Ermida (Quiroga).
Desde hai dous anos, a Asociación LugoPatrimonio, comezou a traballar tamén coas anteriormente citadas cos obxectivos de facer unión entre todas para elaborar conxuntamente programas e alternativas concretas dirixidas ás entidades públicas e privadas, de cara a conseguir a consolidación e desenvolvemento deste Patrimonio Inmaterial. Traballou, tamén para unir as distintas administracións neste Programa concreto, de xeito que a súa actuación ao respecto estexa coordinada tamén, para o aforro económico e o mellor cumprimento dos obxectivos.
Para isto, valeuse do seguinte programa inicial:
Trátase, xa que logo, de levar adiante no prazo de 5 anos,
os puntos indicados
2. Puntos conseguidos ou en trámite de consecución
Dos diversos encontros mantidos coas consellarías de Medio Rural, Cultura e Deportes, Innovación e Industria, Vivenda e Solo, Igualdade e Benestar Social, e coa Vicepresidencia da Deputación provincial e algúns dos concellos do ámbito xeográfico das Asociacións, como o de Chantada, Taboada ou A Pobra do Brollón, temos conseguido:
3. NECESIDADES PONTUAIS DE CADA UNHA DAS FESTA E ACTIVIDADES
Entroido Ribeirao: Santiago de Arriba
Entroido de Salcedo
O Congreso sobre PATRIMONIO INMATERIAL DAS TERRAS DE LEMOS proclama, xa que logo, a necesidade de presentar os puntos indicados en todas as instancias públicas e privadas que se considere, coa fin de conseguir a súa consecución no prazo máximo de 5 anos.
Chantada, A Pobra do Brollón, 22 e 23 de febreiro do 2008.
En base ao lugar que habitamos, os galegos e galegas construímos desde vello formas de traballo, de relación co noso medio, e vemos o mundo con ollos propios, educados precisamente nesas formas e relacións de traballo. As Asociacións que convocan este Congreso levan moito tempo traballando para manter o xeito xenuíno de proxectarnos no cultural: na música, na danza, no lume, ou na picaresca do Entroido. As Asociacións recolleron así a transmisión cedida desde hai séculos polos nosos devanceiros. E, milagrosamente, resistiron o embate da uniformidade predicada pola globalización.
Falamos, por tanto, doutra cultura insertada no mundo, rica e variada, pero nosa, propia. Dinámica e colectiva como a predicaban Castelao ou Otero Pedrayo. Ninguén, ante ela, fica parado. Ten que xogar, ten que moverse. Non falamos, por tanto, da cultura pasiva, desa cultura urbana do sofá e da televisión controlada cun mando que nós non gobernamos, aínda que coidemos que si.
Este foi o noso intenso traballo asociativo durante dous riquísimos anos. Dignificar a Cultura Inmaterial nosa, nacional, por tanto; comezar a asentala coas axudas precisas. Favorecela no económico e na súa infraestrutura. Chamamos ás portas da Administración e abriron. Quizabes porque tiñamos en común a sensibilidade de emocionarnos diante dos ritos do lume, da danza ou do Entroido legados polos nosos pais. Quizabes porque as consellarías de Medio Rural, Vivenda, Turismo, Cultura ou Benestar Social, e mais a Vicepresidencia da Deputación ou concellos como o de Chantada Monforte ou a Pobra do Brollón, saben que a construción dunha personalidade, individual ou colectiva, non se pode modelar só coa pedra e o cemento: o sangue da liberdade e do benestar sediméntase na cultura inmaterial cicelada na nosa comunicación social.
Este Congreso, nesta primeira parte, Xornadas de Primavera, vai unir a teoría necesaria da investigación sobre os nosos ritos festivos, coa práctica popular da súa factura. Aprenderemos pola mañás no científico; polas tardes, no popular, na acción de quen nos convidan a nos meter con eles para mover as emocións variadas. E a segunda parte, con mensaxes de danza e lume, terémola en agosto e setembro.
En nome das Asociacións convocantes, agradezo aos patrocinadores do Congreso, Medio Rural e S.A. do Xacobeo, representados polo seu conselleiro e Director Xerente; e ao Concello de Monforte, na persoa do seu alcalde, a axuda prestada, o interese que mostraron arreo para calquera das alternativas que en cada momento lles presentamos. E agradecémolo, sobre todo, porque souberon, saben, que investir na cultura inmaterial é investir tamén na material: os entroidos Ribeirao e de Salcedo pódennos abrir centros de artesanía, centros de interpretación, rehabilitación de casas e prazas... en fin, a postos de traballo tamén, relacionados, precisamente, co medio rural.
E agradecemos a presenza de todos vostedes por acudir a esta convocatoria que estamos seguros que perfeccionará a consciencia, animará o riso e moverá a diversión.
benvidos, benvidas e
Moitas grazas por participar.
Monforte, 22 de febreiro do 2009
Son máis dun cento de persoas moi variadas, de todas as idades e profisións, e de lugares distintos, mesmo de Madrid, as que van participar no Congreso, polo cal quedamos francamente satisfeitos. O noso agradecemento a todas elas polo seu interese e a participación.
Para un mellor funcionamento do mesmo, facemos as seguintes recomendacións:
SEDE, POIS, BENVIDOS E BENVIDAS A ESTAS XORNADAS NAS QUE APRENDEREMOS COUSAS E SABEREMOS UN POUCO MÁIS DE CÓMO OS GALEGOS E GALEGAS CONSTRUÍMOS O RITO E A FESTA. E, NON O ESQUEZADES, AS XORNADAS PIDEN TAMÉN O NOSO DIVERTIMENTO E ALEGRÍA..
Para coñecer máis sobre o Oso e o Entroido Ribeirao visita as súas páxinas web:
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.